Monday 29 de April de 2024

Alumnado de Ciclo Básico e Medio do Divino Maestro da Pobra farán as súas prácticas en Madeira E Francia


A INSTITUCIÓN É BENEFICIARIA DUNHA ACHEGA DA COMISIÓN EUROPEA PARA EXECUTAR UN PROXECTO DE INTERNACIONALIZACIÓN NO ÁMBITO DA FORMACIÓN PROFESIONAL

O centro de formación profesional Divino Maestro da Pobra do Caramiñal, especializado na familia profesional da FP de administración e xestión, presentou, ante a Comisión Europea, un proxecto de curta duración de Erasmus+ baixo o título “ESCUELA RURAL INTERNACIONALIZADA E INCLUSIVA” e que ten por obxectivo facilitar novas oportunidades ao alumnado, concretamente para a realización das prácticas non laborais noutros países da Unión Europea. Con este proxecto de internacionalización o centro pretente alinear os seus obxectivos cos da escola europea, concretamente no relativo a converter Erasmus+ en dinamizador do centro, proxectar unha imaxe de calidade, mellorar a calidade da formación, ofrecer mellores oportunidades ao alumnado e profundizar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS), especialmente no relativo á escola ecolóxica, inclusiva e non discriminativa.

A directora en funcións, Noemí Calderón, referiuse ao programa Erasmus+ como “unha oportunidade para mellorar as competencias persoais e profesionais do noso alumnado. A experiencia permitiralles achegarse a novas culturas, outras linguas e outras formas de traballo que, sen dúbida, lles resultará moi enriquecedora e favorecerá a súa emrpegabilidade futura”.

No presente curso, o programa Erasmus+ vai permitir desprazar a tres alumno e alumnas a Francia e e outras dúas a Portugal. No caso de Francia será beneficiario o alumnado de ciclo medio en Xestión Administrativa; concretamente participarán Francisco Lojo, Rocío Aboy e Grace Tape. Realizarán as súas prácticas na cidade de Sens, na rexión de Borgoña, no departamento de persoal e comercio do Concello da mesma localidade. A súa estadía en Francia prolongarase dende comezos de abril a finais de xuño.

No caso das mobilidades a Portugal participará alumnado do ciclo básico en Servizos Administrativos. Concretamente, participarán Melisa Rivas e Ainhoa Romano, quenes se desprazarán á rexión da Madeira para traballar na Associação Académica da Universidade da Madeira, ubicada na capital da illa, Funchal. Neste caso a súa formación práctica extenderase dende o 5 de abril ao 16 de maio.

Dado que a totalidade do alumnado que vai cursar as súas prácticas non laborais no estranxeiro é menor de idade, será o profesorado do centro quen os acompañe nas viaxes de ida, para apoialos e para realizar as presentacións nas correspondentes empresas. A Francia desprazarase o profesor Quique Domínguez e a Madeira farao a profesora Jéssica García. Así mesmo, durante a estadía, o alumnado continuará a súa formación lingüística no idioma local e que se está a desenvolver a través da plataforma de formación online da Comisión Europea, a EU Academy.

Así mesmo, a directora en funcións do Divino Maestro apuntou que este curso, tamén estamos executando mobilidades formativas de profesorado no ámbito de Erasmus+. Concretamente, “dous profesores do noso centro se desprazarán a Suecia para aprender sobre metodoloxías didácticas activas e, así mesmo, dous profesores doutros centros europeos serán convidados ao noso para que poidamos coñecer proxectos innovadores no ámbito educativo da Formación Profesional”.